Queridos alumnos e alumnas de 5º,
En primeiro lugar gustaríame
felicitarvos polo traballo diario que estades a levar a cabo dende a vosa casa.
Estádelo facendo xenial! Esta semana ímola
a comezar cunha frase do noso querido Dumbledore:
A continuación podedes observar a grella desta
semana
💙Lingua galega
🚀"Para viaxar lonxe non hai mellor nave ca un libro"🚀
Neste período de corentena é moi importante que
permanezamos nas nosas casas pero iso non significa que non podamos explorar
novos lugares, percorrer mundos fantásticos e coñecer a novos personaxes. É como
podemos facelo? A través dos libros e da nosa imaxinación.
Como nestes días non podemos acudir a biblioteca
do cole nin a ningunha biblioteca publica imos ler libros dixitais.
- Pincha na imaxe e accederás ao libro “Boa Sorte”, le ata a páxina 19.
- Unha vez rematado de ler, fai o Kahoot! Recorda por o teu nome e apelido.
⛅NUBE DE PALABRAS ⛅
Pincha na imaxe
para obter información e crea a túa nube de palabras
💜Lingua castelá
#Héroes sin capa
#Héroes sin capa
#Héroes sin capa é unha fermosa
actividade deseñada pola mestra Fani que ten como finalidade que miredes o voso
arredor e busquedes aos heroes e heroínas que están traballando duramente estes
días.
Como poden ser: os panadeiros, os
encargados de recoller o lixo, as forzas de seguridade, o persoal sanitario, os
coidadores de anciáns....
Cales son os
heroes e heroínas da túa vida en corentena?
Escribe a historia do heroe o heroína da túa vida en corentena, no teu escrito deberas responder as seguintes preguntas: Quen é? Que relación ten contigo? Como está axudando aos demais?
A extensión mínima do escrito será de 10 liñas (se o fas en ordenador) e 15 se o escribes a man.
Fai un debuxo bonito da persoa a que admiras para acompañar a túa redacción
Envía a túa creación como foto ou PDF por correo electrónico.
Escribe a historia do heroe o heroína da túa vida en corentena, no teu escrito deberas responder as seguintes preguntas: Quen é? Que relación ten contigo? Como está axudando aos demais?
A extensión mínima do escrito será de 10 liñas (se o fas en ordenador) e 15 se o escribes a man.
Fai un debuxo bonito da persoa a que admiras para acompañar a túa redacción
Envía a túa creación como foto ou PDF por correo electrónico.
💜Pincha na imaxe para acceder as vosas creacións 💜
📘 Os determinantes 📘
- Volve ler o caderno dos determinantes e repasa os cadernos de adxectivos e substantivos que traballamos na aula.
- Coa información do caderno realiza o seguinte feitizo “Focus”
📰A noticia 📰
📰Neste tempo de
corentena tamén nos atopamos con boas noticias. A continuación mostrámosche unha
desas noticias. Le a noticia e realiza o Kahoot!
📐Matemáticas
Esta semana imos
realizar un pequeno repaso do tema “O sistema métrico decimal”. A continuación propóñense 3 fichas diferentes. Para a súa correcta realización deberás:
- Pincha sobre a imaxe e realiza os exercicios.
- Unha vez rematado, ao final da ficha atoparás un cadrado azul que pon “TERMINADO”
- Introduce o teu nome sen apelidos e o teu número de lista.
A continuación atoparedes unha serie de exercicios que
vos permitiran repasar os contidos do tema
📏AVALIACIÓN SISTEMA MÉTRICO DECIMAL📏
- Antes de realizar o kahhot repasa os contidos do tema.
- Pincha na imaxe para acceder e introduce o teu nome e apelidos.
- Colle lapis e goma para realizar os exercicios, le con calma, tes tempo suficiente !
- Este kahhot só estará dispoñible o venres 17 de abril
- Soamente poderás xogar unha vez
🌍Ciencias Sociais
Esta semana imos realizar unhas probas do tema de
CC.SS, para levalas a cabo de xeito satisfactorio deberás repasar os ríos de
España e os ríos de Galicia. Podes practicar e repasar o tema con estes xogos
XOGO 1
|
XOGO 2
|
XOGO 3
|
🌎 Os ríos de España
- Antes de realizar o kahhot repasa os contidos do tema.
- Pincha na imaxe para acceder e introduce o teu nome e apelidos.
- Este kahhot só estará dispoñible o mércores 15 de abril
- Soamente poderás xogar unha vez
🌏 Os ríos de Galicia
- Antes de realizar o kahhot repasa os contidos do tema.
- Pincha na imaxe para acceder e introduce o teu nome e apelidos.
- Este kahhot só estará dispoñible o xoves 16 de abril
- Soamente poderás xogar unha vez
🐠Ciencias Naturais
Esta semana comezamos novo tema “A materia e a enerxía”
🔬Pincha na imaxe para acceder os vosos experimentos🔬
Propostas!
🐶Seguimos coa cociña gráfica. Hoxe proponse
facer un can con PAN! Atréveste a intentalo?
Samu elaborou o MAIO
coa súa familia, aquí tendes o resultado. Parabéns!
Ola encantame o novo apartado esta xenial
ResponderEliminarOla Joana!!! Encantame a ilustración desta semana, e quería decirche que o kahoot da noticia non me deixa entrar, e en CC.SS o 2º xogo tampouco deixa entrar.
ResponderEliminarAsí como tamén nos kahoots dos ríos de España, e tamén nos de Galicia.
É en CC.NN non colgache nada.
Unha aperta.
Ola Lucía! Alégrame saber que che gusta a ilustración. Os kahoots soamente estarán dispoñibles o día que marca a grella, excepto o do libro “Boa Sorte” que xa está dispoñible para cando rematedes de ler. Agora mesmo amaño o xogo de CS e a entrada de CN estou acabando de preparala. Un saúdo
EliminarOla a todos.
ResponderEliminarJoana a min non me deixa entrar no apartado de ciencias naturais.
Ola! No caderno ?
EliminarOla si no caderno e tamen en algunhas cousas mais.
Eliminarola Joana,sobre a ficha de mates teño cousas ben e cando lle din a terminado puñamo como mal. Un saúdo.
ResponderEliminarNon te preocupes Nico, igual é polos espazos, logo xa o vexo eu. Un saúdo
EliminarOla si no caderno e tamen en algunhas cousas mais.
ResponderEliminarQue che aparece no caderno de CN? E que outras cousas? Se te refires aos kahoots soamente estarán dispoñibles o día que marca a grella. Unha aperta
EliminarOla. Lucia D ,donde fixeches ese fondo tan chulo ?
ResponderEliminarOla,
Eliminarse te refires ao fondo do de #heroes sin capa o fixen en canva,
se queres entrar tes un enlaze no meu blogue:
https://luciadasilvacoveloatin.blogspot.com/
copias o enlaze e o pegas en Google.
Un saúdo.
HOLA JOANA
ResponderEliminarQUEDEI PRIMEIRA NO KAHOOT DE BOA SORTE !!!!!!
UN SAUDO
Ola Carla! Alégrome moito! Estache gustando o libro? Unha aperta
EliminarHOLA JOANA
EliminarME GUSTO MUCHO EL LIBRO Y ES MUY GRACIOSO
UN ABRAZO
Joana na ficha de hoxe de matemáticas no exercicio catro no apartado b. Creo que hai un erro porque pon dúas veces dal, nun esta ben pero no outro teria que ser dl. Unha aperta
ResponderEliminarBos días Ana, non te preocupes, logo xa o reviso eu. Unha aperta
EliminarQuedei primeira no Kahoot dos ríos de España con 11776 puntos, sorte a todos.
ResponderEliminarOla Lucía! Que ben!!
EliminarNa actividade 1 de CC.NN eu non eño pedras, porque vivo en piso.
ResponderEliminarOla Lucía, podes probar con outro obxecto
EliminarBos días mestra!
ResponderEliminarCando xa fixemos o feitizo Focus chegate cando o terminamos ou temos que darlle a algun boton.
Un saudo!
Ola Aldara,
EliminarQue tal? Non fai falla que que lles des a nada. Gustouche? Unha aperta
PROFE NO ESPERIMENTO TEN QUE SER O VASO DE UN LITRO PORQUE EU NON TEÑO NON CHAMES PORFA MIÑA NAI ESTA MOI OCUPADA
ResponderEliminarOla Miriam, pode ser doutra medida, ok? Un bico
EliminarBos días mestra ,
ResponderEliminarAcabo de rematar a ficha de matemáticas de hoxe é ma autocorrixe poñendo varios erros...
Xa revisei os resultados é para min son correctos.Poderías aclararmo.Grazas.Adri
Bos días Adri, mandeiche un correo
EliminarOla, queria que bexades o meu bloge. So plubliquei unha cousa pero bueno.
ResponderEliminarhttps://onovoenderezodomeubloggana.blogspot.com/
https://onovoenderezodomeublogeana.blogspot.com/
Teño dous estan en proceso, espero que bos guste e bos entreteñades
Ola Ana!
EliminarVou ver o teu bloggue. Recorda facer un bo uso e empregar unha linguaxe respectuosa.
Unha aperta!
Hoxe non hay proposta?
ResponderEliminarOla Lucía! Hoxe non, pero se realizas ti algunha manualidade podes enviarma para que a suba.
Eliminar