TAREFAS ( do 25 ao 29 de maio)




Bos días nenos e nenas...

Unha semana máis achegámosvos con moito agarimo a tarefa proposta. Vén cargada de emoción,  aventuras da man de Matilda e moita arte!

Esperamos que vos guste! 


Continua lendo e mergúllate na aventura do saber!

RECOMENDACIÓNS:  podedes ver unhas indicacións sobre a entrega das tarefas pinchando aquí. 

-Conquista da sabedoría-
Entrega as tarefas e continua a túa conquista cara a sabedoría


- ¿Dónde está Harry Potter?-

Queridos magos y magas...

Corren tiempos difíciles en nuestra comunidad mágica: roban el giratiempos, los animales fantásticos son capturados, los objetos desaparecen… Pero gracias a vuestro ingenio y sabiduría hemos podido ir resolviendo estos misterios semana a semana. 

La misión en la que nos enfrascamos hoy puede que sea la más difícil a la que os hayáis tenido que enfrentar. ¿Estáis preparados? Coged vuestra varita y adentraros en la aventura 


¿Serás capaz de encontrar a Harry Potter?
    1. Pincha en la imagen, vete a INTRODUCCIÓN y lee atentamente.
    2. Dirígete al apartado de la MISIÓN, obtendrás valiosas pistas. Mira el vídeo.
    3. Dale a EMPEZAR. Realiza la primera misión y vete desbloqueando las misiones hasta llegar a la caja fuerte. ¡Cuidado! Si fallas deberás volver a empezar.
    4. Anota las pistas,  te harán falta para abrir la caja fuerte. 
    5. Si logras salir victorioso de esta misión, conseguirás descubrir donde estaba Harry Potter. 
    6. Mándanos un whatsApp con el nombre de la sala  y recibirás tu recompensa.
¡Continuamos leyendo Matilda!

Esta semana vamos a continuar con la lectura del libro de Matilda. Para ello, cada día deberás leer un capítulo y contestar a las preguntas que encontraras en la ficha “M(atín)deamos”. 

El viernes, cuando tengas toda la ficha acabada, envíanos tu creación. Y recuerda: 


“Para viajar lejos no hay mejor nave que un libro" 


Libro dos recordos felices

Fai unhas semanas levamos a cabo a actividade “Emocionámonos”.  Nesta tarefa cada un de vós tiña que recordar os momentos felices que pasou na escola. Hoxe traémosvos o “Libro de recordos felices", esperamos que vos guste. Pincha na imaxe para acceder. 




 Atinando recordos

Como sabedes Atinando recordos é o nome do proxecto que leva a cabo o C.E.I.P de Atín – Cela en colaboración coa asociación AFAGA. Cada un de vós escribiu unha carta a un usuario e esta semana chegaron as respostas.

Agora volve a ser a nosa quenda polo que...    

  1.  Le a túa carta!
  2.  Pensa o que lle vas a contestar...
  3.  Escribe a túa carta, seguindo o modelo proposto na presentación. Extensión  mínima 10 liñas 
  4.  Revisa o teu escrito asegurándote de que se entende o que queres dicir e que non cometiches faltas de ortografía. Decora a túa carta. 
  5. Garda o teu texto en PDF
  6. Nomea o teu arquivo, por exemplo, 5º Miriam, carta. 
  7. Envíanos a túa carta e nós farémola chegar.

A continuación achégovos dúas noticias relacionadas co proxecto Atinando recordos”. Pincha nas imaxes e accede ás noticias.   






Saímos na radio! 

Pincha na imaxe e poderás acceder á entrevista que nos realizaron por motivo do proxecto “Atinando recordos”
Pablo Picasso
A semana pasada puidemos coñecer un pouquiño máis sobre Miró e recrear algunha das súas obras máis famosas. Esta semana o mestre Óscar achéganos a outro gran artista Pablo Picasso e a súa obra máis coñecida “O Guernica”. Podes ler as misións completas, aquí: MISIÓN 16 e MISIÓN 17. 
 

Pablo Picasso 

El Guernica



Críticos de arte!

El Guernica

https://drive.google.com/file/d/1BBQ_bGBzkLXbV9EZU7cWdpoY6M6aXEGr/view?usp=sharing
caderno crítico de arte 


Para levar a cabo a actividade, segue as seguintes instruccións:

  1. Pincha no cadro "O Guernica" e obsérvao con atención. 
  2. Realiza o caderno de crítico artístico. Recorda que non fai falta que imprimas a folla e que tes toda a información na MISIÓN 16.
  3. Unha vez realizado, comproba o teu escrito. Revisa o ortografía!
  4. Nomea o teu arquivo: curso + nome + ficha Guernica, por exemplo, 5º SAMUEL ficha Guernica
  5. Envíao como arquivo adxunto ao mestre Óscar: oscar.colmenero@edu.xunta.es


En matemáticas realizaremos un kahoot! dos contidos traballados a semana pasada, e continuaremos o repaso a conceptos vistos ao longo do curso.

Operaciones combinadas

  1. Repasa os contidos vistos na semana anterior. Debes volver a ver os vídeos para asegurarte de que dominas os conceptos básicos.

  2. Fai o Kahoot! identificándote co teu nome e a primeira letra do apelido, por exemplo Lucía D. Xoga só unha vez e lembra que só estará dispoñible o luns e o martes.
https://kahoot.it/challenge/08616879?challenge-id=54c71a1d-4671-4ef7-aa9d-5242edac519f_1587202078029

Potencias e raíces cadradas

Esta semana empezaremos repasando as potencias (Vídeo 1) e practicaremos facendo un Quizziz. Despois veremos un vídeo de Troncho e Poncho para averiguar máis acerca deste tema. (Vídeo 2) repasaremos as potencias co Quizziz. Traballaremos as potencias en base 10 (vídeo 3)  as raíces cadradas no vídeo 4 e elaboraremos a ficha. 

VÍDEO 1
Que es la potenciación
Quizizz Vídeo 1
VÍDEO 2 
 Potencias 
Quizizz Repaso potencias
VÍDEO 3
Potencias de base 10
VÍDEO 4
Qué es una raíz cuadrada
 



Ficha 

IMPORTANTE: aqueles que teñades dificultades para ver os vídeos nos vosos ordenadores, podedes facelo nun teléfono móbil ou copiar as URL que vos deixo a continuación na barra de direccións.


Vídeo 1: https://youtu.be/vwzZEB0SzCI
Vídeo 2: https://youtu.be/A55XWvZVWGY
Vídeo 3: https://youtu.be/CHqZrWpFr0E
Vídeo 4: https://youtu.be/sOx_jxp2INE
Esta semana imos a continuar coñecendo un pouquiño máis sobre a enerxía. Concretamente imos afondar nas enerxías renovables e non-renovables. Para levar iso deberás: 
  1. Pon ao día o teu caderno copiando o punto número 5.3 sobre as fontes de enerxía renovables e non-renovables. 
  2. Practica os contidos do tema e realiza os  xogos: crucigrama e pasapalabra. 
  3. Realiza a actividade número 6. Repasa o apartado Principais fontes de enerxía e realiza o esquema. 

Caderno



Crucigrama: fontes de enerxía

Pasapalabra: a materia e a enerxía




Durante esta semana e a seguinte, na área de Ciencias Sociais repasaremos os contidos do tema “O universo”. Nesta tarefa deberedes elaborar un Lapbook e gravar un vídeo explicando a vosa creación. 

Para levar a cabo esta tarefa segue as seguintes instrucións:


  1. Visualiza os vídeos
  2. Pincha na imaxe e segue as indicacións para elaborar o teu lapbook. (Non é preciso mercar material, podes elaborar o lapbook empregando unha carpeta vella, como nos amosou Diana no lapbook para a súa nai)
  3. Unha vez que o teñas realizado, elabora un guión: empeza presentandote e explicando as cuestións máis importantes do teu lapbook
  4. Grava o vídeo. Debe ser un vídeo curto, como máximo 3 minutos. Recorda non gravar as caras.
  5. Nomea o teu vídeo: curso + nome + lapbook, por exemplo, 5º Desirée, Lapbook e envíao por correo ou WhatsApp
El origen del universo 

El universo, galaxia y estrellas 
El sistema solar 
La tierra y sus movimientos 
Esta semana a teacher Rosa proponvos que realicedes un kahoot! 
Pica na imaxe para realizar a actividade. 
Recorda identificarte co teu nome e curso, por exemplo Ana A  5º. 
Xoga só unha vez e lembra que só estará dispoñible ata o venres



OUTRAS ÁREAS:  Recordade que podedes ver as tarefas  de Inglés, Educación Física e Música na Aula Virtual. Accede pinchando aquí. 


🎇🎨Pincha na imaxe para acceder as vosas creacións 🎇🎨

https://drive.google.com/drive/folders/1X9Y3qs1jBHP13JT07jEKj6xb4eaFbBi8?usp=sharing

Comentarios

  1. Joana o libro de recordos felices na escola esta chulísimo.
    Un bico Ana.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Bos días Ana! Alégrome que che guste o libro dos recordos. A min encantoume lelo!

      Eliminar
  2. JOANA ONDE ESTAN AS RESPOSTAS DAS CARTAS?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Miriam! As cartas foron enviadas ao voso correo. Unha aperta

      Eliminar
  3. Ola.
    Que guai Joana que sairamos na radio, alégrome moito.
    Un bico Ana

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alégrome que che guste Ana. Tendes que estar moi orgullosos, estades levando a cabo un proxecto moi bonito.

      Eliminar
  4. Ola, que guai que sairamos n radio!!! Pero unha pregunta en que radio?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Lucía! A entrevista levouse a cabo no programa “Voces de tu ciudad” para Radio Voz.

      Eliminar
  5. Ola Joana! Fixéchelo XENIAL na radio!!Parabéns!!

    ResponderEliminar
  6. Hola profe o crucigra como se envia

    ResponderEliminar
  7. Recordade que tendes un kahoot de inglés para realizar. Hoxe é o último día.

    ResponderEliminar
  8. profe sin querer olvideime do kahoot de ingles ,como o podo volver a facer ?

    ResponderEliminar

Publicar un comentario