Queridos alumnos e alumnas,
Quero agradecervos a vosa
implicación nas actividades que fomos realizando ao longo do curso, por
embarcarvos en todos os proxectos cun sorriso e sacando todo o potencial que
levades dentro.
Abrides unha nova porta aos vosos
soños, estou segura de que conseguiredes todo o que vos propoñades!
Agora que o curso remata, so podo
dicirvos que aproveitedes cada segundo do verán para seguir aprendendo, por
iso:
- Enchédevos de experiencias. Visita
novos lugares, fai unha ruta en bici, desfruta da area da praia, prepara
unha sesión de cine en familia....
- Embarcádevos en libros que vos leven a recorrer o mundo... Recorda! Para
viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro!
- Aproveita as vacacións para facer o que máis che gusta. Elabora un
prato novo de cociña, escribe o teu propio libro, pinta, baila...
- Desfruta da túa familia e dos teus amigos. Leva contigo un diario e anota todo o bo do verán así recordaras os
grandes momentos.
Deseña, crea
e desfruta das túas vacacións e non esquezas que tes moita MAXIA
que ofrecer!
Botareivos moito de menos!
A continuación deixámosvos algunhas recomendacións para estes meses de verán:
📘📚 Le todo o que poidas! 📚 📙
Porque a lectura fainos viaxar polo mundo, coñecer a novos personaxes que se converteran en inseparables amigos e vivir milleiros de aventuras! Calquera momento é bo, despois de xantar, na praia, na piscina... Accede á biblioteca do cole e empápate de todas as novidades lectoras que nos ofrece.
A continuación atoparás varias propostas, e non esquezas que as bibliotecas municipais de Porriño e Mos seguen abertas durante xullo e agosto. Faille unha visita!
Durante estes meses viviredes aventuras e momentos que seguramente non queredes esquecer. A mellor forma de que isto non suceda e recollendo todo nun DIARIO.
Crea o
teu propio diario, (recorda que o mestre Óscar ensinounos a facelo) fai que se
converta nun amigo inseparable e cóntalle todo aquilo que non queiras esquecer.
Recorda que o diario é un tesouro que agacha as túas peripecias, sentimentos,
emocións...
Escribe bonito, coida a túa letra e a túa ortografía.
Aprende a debuxar as palabras ou perfecciona a túa técnica de lettering, coa axuda da canle de youtube de la Srta. RocknRoll
Podes practicar a túa ortografía picando aquí ou cos seguintes xogos:
DECORA O TEU DIARIO | COMO FACER A ESTRUCTURA |
🔍Sigue resolvendo misións!🔍
Atréveste a ser todo un Hacker e resolver probas, só aptas para especialistas matemáticos? Pincha na imaxe e accede a esta aventura cibernética!
Visualiza e practica todos os Quizziz feitos ata agora, segue xogando coa Pandilla Rejilla e
logra resolver operacións de cálculo soamente empregando a túa cabeza!
Practica os conceptos aprendidos accedendo aos enlaces que atoparás a continuación
🎆🎇 Fai maxia! 🔮🎇
Sabemos todo o que vos gusta a maxia. Por iso, a continuación deixámosvos unha serie de vídeos, cos cales poderedes convertervos en auténticos magos e magas.
E se queres seguir mergúllandote no mundo da maxia recomendámoste que visites a sección "Los trucos de Jorge Blass"
Atreve a aprender e a deixar a todos asombrados!
Aproveita as noites de verán para alzar a vista e mirar ao ceo, descubre todas as estrelas e os elementos que forman parte del. Se queres saber un pouco máis e coñecer o nome das estrelas recomendámosvos a aplicación SKy Map. Con esta aplicación, so tes que dirixir a pantalla do teléfono cara o ceo e verás aparecer as constelacións, planetas, estrelas e resto de elementos, co seu nome.
🎥 Monta o teu propio cine en casa! 📹
Elixe unha película que che apeteza ver, invita a túa familia a que a vexa contigo (podes incluso prepararlle unhas entradas, como se fose un cine de verdade), fai flocos de millo e desfruta dun momento tan especial rodeado da mellor compañía.
En youtube encontrarás máis de 100 películas completas gratuitas.
A mestra Fani recoméndanos dúas películas de animación
xaponesa:
“Your Name” (Kimi No Na Wa), é unha das películas de anime máis exitosas de todos os tempos. É un film extraordinario que non podes deixar de ver.
"A Silent Voice" (Unha voz silenciosa), un anime dramático sobre o acoso e o aillamento, que che encantará.
👆👇👈 Aprende
linguaxe de signos! 👈👆👉
A Silent voice, a película de animación que te acabamos
de recomendar, ten como protagonista a Shouka Nishimaya, unha estudante xorda
que utiliza a linguaxe de signos.
Gustaríate saber expresarte utilizando as túas mans? Pois
non dubides en picar na imaxe e aprende a falar dunha forma diferente.
🌿🌳🌸🌻 Desfruta da natureza! 🌱🍀🌿🌲
Sal a dar un paseo en bici, unha camiñata polo monte, un picnic... Sal, respira o aire puro e déixate envolver pola natureza e todos os elementos que a compoñen.
Recomendámosche a aplicación Plantyx a cal permite
facer unha identificación das plantas. Con esta aplicación poderás descubrir un
mundo único de plantas. Só tes que enfocar a cámara do teléfono nunha flor,
árbore ou arbusto e sacar unha foto. A aplicación identificara a planta e
proporcionarache información minuciosa sobre ela.
🍰🍮🍜 Convértete en todo un MasterCheff! 🍤🍩🍛
Aproveita estes meses de verán para aprender un pouco sobre cociña, elabora cos teus avós, pais, irmáns unha receita familiar e déixaos sorprendidos cun novo prato que sexa a delicia de todos. A continuación deixámoste dous canles de YouTube que che permitirán converterte en todo un experto dos fogóns.
🔬Convértete en científico!🔬
Podes aproveitar estes meses de verán para facer un pouco de ciencia! Recomendámosvos o canal ExpCaserosKids onde atoparedes unha gran cantidade de experimentos que podedes facer dende as vosas casas.
🎨🎨Saca o artista que levas dentro!🎨🎨
- FAI ORIGAMI. Se queres seguir afondando no mundo da papiroflexia, podes visitar a canle de youtube de Jo Nakashima.
DEBUXA. Goza pintando, polo simple feito de facelo, debuxa o que tes ao teu arredor, un cadro abstracto e todo aquilo que che apeteza.
- CREA MANDALAS. Entretente facendo os teus propios mandalas e presume de creacións! Pica na imaxe e accede á canle de Youtube de Camilla Løschbrandt e descobre como.
- CREA PULSEIRAS PERSONALIZAS: Lembras o taller que levamos a cabo para aprender a facer pulseiras? Pois para non esquecelo e poder agasallar aos nosos amigos e familiares con fermosas xoias feitas por nós, podes visitar esta canle
Ola Joana,
ResponderEliminarGustoume moito o novo apartado que puxeches. Grazas polas recomendacións!!
Unha aperta Adri.
Bos días Adri! Moitas grazas polas túas palabras, alégrome que che guste
EliminarBos días joana, a min encantame o blog das tarefas para o veran todas as recomendacións que nos puxeches son mi bonitas!!!
ResponderEliminarUn gran abrazo de Antía.
Bos días Antía! Alegrámonos moito de que che gusten as recomendacións para o verán, foron realizadas con moito agarimo. Grazas polas túas palabras :)
EliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
EliminarBoas tardes alumnos e alumnas.
ResponderEliminarXa esta posto no blogue o enlace para realizar mañá a vídeo conferencia. Fixádevos ben no que tendes que facer.
Vémonos mañá!
Boas dias joana a que hora vaste conectar ti a video conferencia?
ResponderEliminarProfe o enlace onde esta?
ResponderEliminarBos días! O enlace está máis arriba. A vídeo conferencia empeza ás 11:00
EliminarOlaa, que tal pola nova escola?
ResponderEliminarBotámoste moito de menos.
Un saúdo de parte de todos os alumnos :)
Ola! non vira este comentario! Que alegría saber de vós! Eu tamén vos boto moito de menos.
EliminarOla Joana!
ResponderEliminarAínda segues vendo os comentarios?
Espero que atópesche moi ben!
Un saúdo de parte de os teus antigos alumnos.