Alguén dubida de que temos unha das linguas máis fermosas do mundo?💙 Chea de palabras como: embigo,. amorodo, solleiro, xornal, percebe, lareira, bolboreta, aloumiño, néboa, muxir, bico, queixo, gaiola, sardiña, ollomol, unlla, gaiteiro,mágoa...
Nós non o dubidamos! Pero como hai palabras que se nos escapan imos a particiar na proposta da Televisión de Galicia #instaGal
Cada martes, a TVG proporá unha palabra a través do seu perfil co cometido de que os seguidores acheguen sinónimos ou as variedades dialectais que se empregan na súa zona. Anímate a participar recollendo a resposta no teu diario e recibe puntos extra no ClassDojo.
RETO 5: "Este rapaz éche ben guapo? Como se di na nosa zona? Coñeces máis sinónimos desta palabra?
RETO 4: Que significa "arume"? Como se di na nosa zona? Coñeces máis sinónimos desta palabra?
A palabra arume ten varios
significados:
-
Folla do piñeiro: “Onte na miña casa facía tanto vento que empezou a caer arume na casa dos meus avós”. (Ana D) “ Onte pola tarde fomos ao monte e collemos moito arume para levar e quentar a lareira” (Antía)
-
Conxunto de aros que se empregan para facer cestas: “O cativo sentou xunto ao arume e contemplou como traballou o cesteiro” (Lucia D)
-
Cousa débil que se desfai como a leña frouxa. (Samuel)Os sinónimos son: candea, pico, frouma, piorno, macheta, agulla.... Na nosa zona dise candea, ucheira, frouma.
ANTÍA
|
A
palabra escachar ten tres significados:
1.
Auga, facer cachóns: Bota as patacas no caldo cando a auga
escache. (Lucía D)
2.
Recipiente, conter un líquido que ferve a cachón: Quítalle o
lume ao pote que xa escacha. (Desirée)
3.
Romper un obxecto fráxil en cachos: A miña irmá escachou un
floreiro moi fráxil. (Ana A).
4.
Rir moito: Fomos a ver un humorista, foi pola tarde, un domingo que
había moita treixada. O humorista chamábase Touriñan, ese día
escachamos coa risa. (Antía).
Os
sinónimos son: esnaquizar, fender, gargallada, risada, riso, chorar,
escangallarse coa risa, escarallarse coa risa, esmendrellarse coa
risa, partirse de risa, rebentar coa risa.
Na
nosa zona dise; escarallarse da risa.
(Ana
D e Lucía B)
Diario Lucía R
|
RETO 2: Que significa " TREBELLOS"? Como se di na nosa zona? Coñeces máis sinónimos desta palabra?
O trebello é unha trampa de ferro para
cazar animais ou un aparello útil que se emprega nunha determinada
actividade. Os sinónimos son: ferramenta, cachifallo, aduaneiro,
traveso, zarapelo, cachafello, cazabello, gorrobello, trasgo, trasno,
trasto, condenado.... Na nosa zona dise trebello e ferramenta. Carla.
“O verán pasado, un día solleiro, quere dicir
que non facía treixada, pola mañá fomos a pescar a praia de Santa
Marta e cada un levou os seus trebellos necesarios: o cebo, a cana de
pescar, o caldeiro... A miña avoa levou trebellos para cociñar e
nós comer.” Antía.
RETO 1: Que significa " CHARAMUZA"? Como se di na nosa zona? Coñeces máis sinónimos desta palabra?
Diario Ana D
|
A palabra charamuza significa: partícula con lume ou xa reducida a cinsa que salta dun corpo en chamas. Os seus sinónimos son: charamela, charamona, charamusca, chareta, faísca, moxena e muxica. Na nosa zona dise muxica e faísca.
"No 2015 cando foron os incendios do Galiñeiro e os seus arredores, voaban milleiras de charamuzas" Lucía B.
|