Bos días magas e magos!
Unha semana máis achegámosvos as tarefas a
realizar. Quero que vos tomedes esta semana con moita enerxía, xa que estamos a
piques de rematar esta aventura tan bonita que comezamos no mes de setembro. Ánimo!
- Ford Anglia Volador-
Queridos magos y magas...
Estamos ante una nueva misión, quizá la última a la que
nos enfrentemos… Sigue la oleada de objetos desaparecidos, esta vez es el Ford
Anglia Volador. El mágico coche se ha
escabullido sin dejar rastro. Es fundamental que lo encontremos antes de que lo
haga algún muggle y ponga en peligro a toda la comunidad mágica.
¿Estás preparado para la aventura?
- Pincha en la imagen, vete a INTRODUCCIÓN y lee atentamente.
- Dirígete al apartado de la MISIÓN, obtendrás valiosas pistas. Mira el vídeo.
- Dale a EMPEZAR. Realiza la primera misión y vete desbloqueando las misiones hasta llegar a la solución ¡Cuidado! Si fallas deberás volver a empezar.
- Si logras salir victorioso de esta misión, conseguirás encontrar el coche
- Mándanos un whatsApp con el nombre del lugar y recibirás tu recompensa.
Como sabedes Atinando recordos é o nome do proxecto que leva a cabo o C.E.I.P de Atín – Cela en colaboración coa asociación AFAGA. Cada un de vós escribiu unha carta a un usuario e esta semana volven a chegar as respostas.
Nesta ocasión é a ultima carta que enviamos polo que aproveitade para despedirvos e agradecerlle que vos escribisen.
- Le a túa carta!
- Pensa o que lle vas a contestar...
- Escribe a túa carta, seguindo o modelo proposto na presentación. Extensión mínima 10 liñas
- Revisa o teu escrito asegurándote de que se entende o que queres dicir e que non cometiches faltas de ortografía. Decora a túa carta.
- Garda o teu texto en PDF
- Nomea o teu arquivo, por exemplo, 5º Lucía R, carta.
- Envíanos a túa carta e nós farémola chegar.
A continuación achégovos tres noticias relacionadas co proxecto “Atinando recordos”. Pincha nas imaxes e accede ás noticias.
Pincha na imaxe e poderás acceder á entrevista que nos realizaron por motivo do proxecto “Atinando recordos”
Recordades a actividade
de crear un slogan que animase a FALAR, a SENTIR, a LER, a CANTAR... a
NAMORAR en Galego? Pois xa a temos
aquí! Dende o EDLG achégannos este precioso vídeo coas producións de todo o
alumnado.
Pica na imaxe elaborada por Noé e accede ao blog "Enreda coa lingua" onde accederás ao vídeo
Criterios de divisibilidade
Repasa os contidos vistos na semana anterior. Debes volver a ver os vídeos e realizar os quizziz para asegurarte de que dominas os conceptos básicos.
- Fai o Kahoot! identificándote co teu nome e a primeira letra do apelido, por exemplo Lucía D. Xoga só unha vez e lembra que só estará dispoñible o luns e o martes.
VÍDEO 1 Cómo leer fracciones | VÍDEO 2 | VÍDEO 3 Fracciones | VÍDEO 4 |
IMPORTANTE: aqueles que teñades dificultades para ver os vídeos
nos vosos ordenadores, podedes facelo nun teléfono móbil ou copiar as URL que
vos deixo a continuación na barra de direccións.
Misión 1: ECO-ENQUISA
Nesta misión, imos reflexionar sobre o uso da auga. Para levar a cabo a misión segue as seguintes instrucións:
- Pica na imaxe e le con atención as preguntas da eco-enquisa.
- Cubre a eco-enquisa, marca cunha X no cadro que vos considerades máis oportuna. Podes escribila a man ou a ordenador. Intenta non imprimila.
- Comproba os teus resultados. Cada resposta terá unha puntuación, que despois deberedes sumar para obter unha puntuación total.
Misión 2: ECO-CONSELLOS
Nesta misión imos realizar uns slogans coa finalidade de mellorar e concienciar ao noso arredor sobre o uso responsable e sostible da AUGA. Para levalo a cabo segue as seguintes instrucións:
- Prepara o material: empatía polo noso planeta, conciencia para cambiar cara costumes sostibles, creatividade, papel, cartolina, ou materias reciclados que teñas pola casa, lapis, rotuladores...
- Reflexiona sobre os teus resultados na eco-enquisa e pensa nas accións que queiras mellorar relacionado co consumo de auga.
- Cando teñas o eco-consello pensado, podes realizar unha rima para facelo máis atractivo. Como por exemplo: “Se auga queres aforrar, a billa tes que pechar!”
- Unha vez realizado, comproba o teu escrito. Revisa a ortografía!
- Decora a túa creación! Podes facelo con cores, pinturas, teas...
- Nomea o teu arquivo: curso + nome + ECO-CONSELLOS, por exemplo, 5º Tomás eco-consellos.
- Envíao como arquivo adxunto ao mestre oscar.colmenero@edu.xunta.es.
Esta semana repasaremos os contidos traballados a semana anterior. Para iso:
- Visualiza os lapbooks dos teus compañeiros.
- Fai o Kahoot! identificándote co teu nome e a primeira letra do apelido, por exemplo Adrián. Xoga só unha vez.
HOLA JOANA
ResponderEliminarENCANTAME AS TAREFAS DE ESTA SEMANA
UN BESO(:
Boas tardes Carla! Alégrome que che guste. Un bico
Eliminar